Esperta ¡¡

by skandalogz

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

      €7 EUR  or more

     

1.
00:58
2.
3.
4.
5.
6.
7.
03:22
8.
9.
10.
11.

about

tlf contratación: 658-136-794

credits

released June 6, 2012

tags

license

all rights reserved

about

skandalogz Galicia, Spain

contact / help

Contact skandalogz

Streaming and
Download help

Track Name: Organízate ¡¡
Organízate !!

Neste mundo ninguén regala nada,
todo se conseguiu,
tras centos de batallas.

Agora que xa non vemos o futuro,
chega o momento de unir
as nosas miradas.

Organízate,
sal do teu interior comparte ideas,
Movilízate,
loita na rúa con capucha e sudadera.

Xa sabemos que esta todo vendido,
pero a mozidade temos
que impedilo.

Non pretendo cambiar a tua vida,
pero preguntome
a que coño aspiras.

Estribillo……

Maiores e pequenos,
tamen poden participar
e a xuventude na casa non se poden quedar
a mozidade galega
preparada esta para un novo combate
e xa temos
forza, ganas, esperanza non poden faltar.

Estribillo.......
Track Name: Érguete Xa ¡¡
Erguete Xa!!

Que os vosos soños se fagan realidade
que as vosas miradas vexan solidariedade,
que a loita non decaía ata conseguir
ese mundo novo onde keremos vivir.

Xa chegou a hora, a hora de quitar,
ese antefaz que non vos deixa mirar,
que non vos deixa ver moito mais alá,
do que che contaron ou che kixeron contar.

Erguete xa,
alza o teu puño e vente a loitar,
Erguete xa,
que isto ten pinta que vai reventar.

O telexornal xa vos contará,
una chea de mentiras algo fora do normal,
que somos terroristas ke somos radicais,
pero a nosa idea non a van a derrotar.

Erguete xa,
alza o teu puña e vente a loitar,
Erguete xa,
que isto ten pinta ke vai reventar
Track Name: Por ser muller
Por ser muller:

Son tempos de miseria,
e a fame sempre apreta,
refuxiada na lareira,
ali sempre se senta,
na queima de problemas,
non pode mais.

Son tempos de miseria,
e os soños alimentan,
a falta de esperanza,
pois nela nunca cabe,
o abandono e a fartanza,
ten cinco irmans.

Espertarás,
dende un rincón,
sabendo ke hoxe,
nada será igual,
y enterraras todos os medos,
ke che impuxeron,
xa fai tempo atrás.

Son tempos do fascismo
na cara se reflexa,
o inimigo esta na casa,
vixiados pola igrexa,
e atrapados nun abismo,
sen solución.

Son tempos do fascismo,
tempos dun largo inverno,
vosa loita e resistencia,
soporta tantas ostias,
como clases de violencia,
por ser muller.

Chegou a democracia,
a igualdade nos papeis,
camiña a vosa desgracia,
amparada polas leis,
nun sistema patriarca,
que non se ve.

Despois de tanto tempo,
afogando cada dia,
xa chegou o seu momento,
comeza a nova partida,
con forza e sen lamento,
xa sae o sol.

Estribillo…….
Track Name: Seguimos en pé 1
Sequimos en pe 1

Os primeiros concertos,
vestidos coma presos,
as primeiras estrofas,
cheas de rabia,
contra todo o poder.

Chegaron os ventos,
distorsionando o momento,
cantos directos,
onde nunca imaxinamos chegar.

Coma todo ten un final,
nos casi quedamos atrás,
coma todo ten un final.
Track Name: Seguimos en pé 2
Seguimos en pé 2

Recordo aquela xente,
saltando do escenario,
levantando ese puño,
berrando contra o estado,
estado controlado,
por ricos e banqueiros,
que no local de ensaio,
queimamolos enteiros.

Pasan os anos e nós,
seguimos loitando,
cantando, berrando,
seguimos en pé,
seguimos en pé.

Quen nos ía a dicir,
que as nosas melodías,
chegaran a espertar,
conciencias durmidas,
durmido o noso pobo,
durante tantos anos,
aprendemos a caernos,
tamén a levantarnos.

Estribillo…….
Track Name: En galego
En galego:

Esta terra soportou,
anos de humillación,
una lingua unha xente,
unha forma de pensar,
seguiremos insistindo,
para non nos olvidar,
dunha chea de galegos
que os quixerón matar.

E ti me preguntas porque cantamos en galego,
entón porque non.
E ti non te busques no teu espello,
non tes perfil bó.

Todo isto e máis complexo,
do que podes abarcar,
tua mente retorcida,
non nos botará pra atras,
vives nesa irrealidade,
que non deixa ver verdade,
maltratados torturados,
ata a morte sen piedade.

Estribillo………

Dialecto chamaslle a miña lingua,
e a dos meus irmáns,
traduce morriña, esmorga ou saudade,
se ti es capaz.
Track Name: A miña guitarra
A miña guitarra

Como carallo me podes dicir,
que a nosa música incita a violencia,
cando levas media vida gobernando,
escoltado por escudos e porras.

A miña guitarra apunta,
pero non dispara balas,
A miña guitarra apunta,
pero non dispara balas.

As nosas letras disparan melodías,
a policía pelotas de goma,
antidisturbios defendo ós ricos,
xa non entendo a palabra violencia.

Estribillo….

Pero algo teño que admitir,
que teño ganas de deixar de cantar,
porque iso significaría,
a vosa derrota final.
Track Name: Cando revente
Cando revente

Se te revelas contra o establecido,
serás afastado seras perseguido,
agora a moda é multarte,
pola apoloxia do terrorismo.

Espero que no sur,
Zapata reviva,
e o Cheguevara,
reúna as suas guerrillas.
E na Galiza
Seoane, Foucellas o Fresco,
se unan a nos.

O día que isto revente,
a nosa música
virá no noso frente.
O día que isto revente,
a nosa música
virá no noso frente.

Non sei porque ahí ricos,
non sei porque ahí pobres,
Non sei porque carallo
estamos neste mundo,
un mundo fodidamente mal creado,
donde moitos viven das nosas desgrazas.

Estribillo…..
Track Name: Señor presidente
Señor Presidente

Tantos recortes,
en sanidade.
Tantos recortes,
en educación.
Tantos recortes,
pero aumentan.
O salarios
das forzas de seguridade.

Digame,
porque o sol non ilumina
a todos por igual.
Digame
porque vostede nunca sufrirá
o que viven as familias desahuciadas
do seu lar.
Choros e lamentos
que nunca se olvidarán
provocados polo estado
e unha masacre social.

Señor presidente
estamos xa moi cansos,
de vostede e da sua xente
e de tanta corrupción,


Como di o refraneiro,
e a xente da miña terra,
a todos os porquiños,
lles chega o San Martiño.

Digame
porque sempre vivimos
en plena oscuridade.
Digalle a esa xente,
que non ten nin pra comer,
o teu soldo vitalicio e o salario do Rei.
Centos de impostos
que temos que soportar,
e ti o teu salario non o pensas nin tocar.

Estribillo……

Paso todo o dia e me poño a pensar,
que este puto planeta pronto reventara
pero antes de morrer escoitame moi ben
deixarei a miña sangue ne queima do poder.
Track Name: Oi, oi, oi, oi, oi.
Oi,oi,oi,oi,oi…

Onde esta esa xente,
esa xente orixinal.
Busco non encontro,
pero non penso parar.
Noites encerradas,
nun vello local.
Hoxe non me importa,
voume a emborrachar.

Oi,oi,oi,oi,oi……
Oi,oi,oi,oi,oi…….

Debates amañados,
sen nada que aportar.
Xente encerrada,
nun sistema capital.
Todo me supera,
que intento arranxar.
Hoxe non me importa,
voume a emborrachar.

Oi,oi,oi,oi,oi…….
Oi,oi,oi,oi,oi…….

Todo isto e mais sinxelo,
do que me queres contar.
Eres un come teorías,
os feitos tanto che dan.
Xente que se molla,
e a xente orixinal.
Collede a vosa cunca,
ímos a brindar.

Oi,oi,oi,oi,oi……
Oi,oi,oi,oi,oi…….